DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 26 de outubro de 2023 polo que se cita a persoa interesada no procedemento SXRH-PD-4/23.

O instrutor do procedemento SXRH-PD-4/23 remitiu a proposta de resolución deste aos domicilios da persoa interesada, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que lle sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícanse a persoa, a referencia do procedemento e o trámite a que se convoca: Persoa citada: 34251442A. Procedemento: SXRH-PD-4/23. Trámite: citación para o día 27 de novembro de 2023, ás 11.00 horas, nas dependencias do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo (sita no enderezo: Rolda da Muralla, nº 70, 2º andar, na cidade de Lugo), co obxecto de comparecer perante o instrutor para facerlle entrega da proposta de resolución do procedemento citado.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Lugo, 26 de outubro de 2023

Rubén Vázquez Rodríguez
Instrutor