DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento de axudas (código de procedemento MR404A).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia da resolución do procedemento de perda do dereito ao cobramento da axuda para a creación de empresas para os agricultores mozos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela cabe interpoñer, potestativamente, recurso de reposición, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. Todo isto consonte o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Ambos os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que a persoa interesada poida exercer calquera outro dereito que xulgue pertinente. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o dito prazo para presentar os recursos e documentos se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

DNI da persoa interesada: 53162412M.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito ao cobramento da axuda.