DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 8 de novembro de 2023 Páx. 61572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de outubro de 2023, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 14 de setembro de 2023, ditada no expediente sancionador da Coruña RITGA-E-2023-010200 (referencia AC-097/2023), por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non se puido efectuar a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira e os interesados poden promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción grave correspóndelle ao director da Axencia de Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberase notificar no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados disporán dun prazo de dez días, conforme o establecido no artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a el, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.2.f) da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 25 de outubro de 2023

Ana Teresa Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2023-010200 (referencia AC-097/2023).

Denunciada: Laura Bosch Rúa.

Establecemento: Casal de Pedra.

Enderezo: lugar de Astrar, 2.

Localidade: O Pino.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Incoación: 14 de setembro de 2023.

Sanción: multa de mil seiscentos cincuenta euros (1.650 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: mil trescentos vinte euros (1.320 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: novecentos noventa euros (990 €).