De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados pola Resolución do 7 de xuño de 2023 (BOE do 20 de xuño), esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire a Ley orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión das persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días hábiles, contados desde o seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 26 de outubro de 2023
Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña
ANEXO
Nome e apelidos |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Nº de praza |
Silvia María Díaz Prado |
Catedrática de universidade |
Anatomía e embrioloxía biomédicas |
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas |
23/008 |
Marcos Ortega Hortas |
Catedrático de universidade |
Ciencia da computación e intelixencia artificial |
Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información |
23/011 |
Marcos Míguez González |
Profesor titular de universidade |
Construcións navais |
Enxeñaría Naval e Industrial |
23/016 |