DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2023 Páx. 61349

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono Social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento AP400A).

Con data do 18 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan subvencións para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono Social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento AP400A).

No artigo 3 da convocatoria disponse que o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución e rematará o 15 de novembro de 2023.

En atención a solicitudes de ampliación do dito prazo realizadas por persoas interesadas na convocatoria, así como á vontade desta axencia de acadar a máxima cantidade de beneficiarios posible e tendo en conta que non existe ningún impedimento xurídico, considérase adecuado ampliar o prazo inicialmente establecido.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Artigo único. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono Social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, convocadas mediante Resolución do 4 de xullo de 2023, ata o 15 de decembro de 2023, incluído.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia