DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61178

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Intentada a notificación do seguinte acordo do concelleiro delegado de Medio Ambiente, do 19.12.2022, e ao non resultar posible a súa práctica efectiva, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícase mediante a publicación no BOE, DOG e taboleiro de anuncios do Concello o seguinte:

– Acto que se notifica: acordo de incoación de expediente de orde de eliminación de malezas nun terreo sito en Novelle-Arantei (polígono 88, parcela 83).

– Propietaria: Pilar Bouza Rey.

– Parcela catastral: polígono 88, parcela 83.

Requírese a propietaria para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, xestione a biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e cos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables ata lograr a execución do ordenado. Todo iso sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e o resto de trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia da interesada, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.

Salvaterra de Miño, 16 de outubro de 2023

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa