DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 60892

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN308C).

Mediante a Orde do 20 de xaneiro de 2023, a entón Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocáronse para o ano 2023.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 25 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 05.03.734A.760.1, ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2023, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN308C).

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación
P.D. (Orde do 9.2.2023, DOG núm. 34, do 17 de febreiro)
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Subvencións a entidades locais para o acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico

Beneficiario

NIF

Espazo termal/piscina termal

Actuación

Axuda concedida (€)

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

Teáns

Acondicionamento e mellora do espazo termal de uso lúdico de Teáns

64.371,01

Concello de Ourense

P3205500F

Piscina termal das Burgas

Actuacións de carácter arquitectónico sobre as instalacións e circuítos de auga termal, captacións bombeo, tratamento, etc

200.000,00

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

Pozos Daniela I e Daniela II

Instalación do peche perimetral da parcela

79.781,98

Concello de Ourense

P3205500F

Burga de Canedo (Outariz)

Mellora das instalacións no espazo termal de Burga de Canedo

194.542,26