DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 6 de novembro de 2023 Páx. 61143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS VAA708, CTC O Fouco, no concello de Gondomar, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/475-4).

A instalación denominada LMTS VAA708, CTC O Fouco foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 19 de xuño de 2023, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 21 de novembro de 2023, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Gondomar.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Vigo, 5 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

anexo

LMTS VAA708, CTC O Fouco

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub

m2 servidume de paso soterrada

1

1528925NG2612N0001GM

O Fouco-Chaín

Álvaro Alonso Fernández

CT

16,81

5

20,51