No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 102, do 5 de maio de 2023, publicáronse integramente as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2022.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 246, do 25 de outubro de 2023, publícase a Resolución da Presidencia, do 21 de outubro de 2023, pola que se corrixen os erros advertidos no número 2 da base décimo sétima, onde figuran as normas específicas para as prazas de funcionarios/as (2) de administrativo/a de Administración xeral (C1), por promoción interna.
A corrección de erros abre un novo prazo de presentación de solicitudes para as dúas prazas de funcionarios/as de administrativo/a de Administración xeral (C1), por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, de 20 días naturais, que contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Ourense, 25 de outubro de 2023
Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense