DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 3 de novembro de 2023 Páx. 60795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 11 de outubro de 2023, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Astilleros Gondán, S.A. de concesión administrativa no porto de Ribadeo con destino á ocupación de D.P.P. en superficie e dos edificios 14.01.EDF.020 (nave taller) + parcialmente 14.01.EDF.019 (nave almacenamento) + obra 14.01.OBR.002 (canalización L.B.T.) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de taller auxiliar para a construción naval (expediente 14-01-23-C-1).

O día 22 de setembro de 2023, o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Astilleros Gondán, S.A. de concesión administrativa no porto de Ribadeo con destino á ocupación de D.P.P. en superficie e dos edificios 14.01.EDF.020 (nave taller) + parcialmente 14.01.EDF.019 (nave almacenamento) + obra 14.01.OBR.002 (canalización L.B.T.) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de taller auxiliar para a construción naval, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 11 de outubro de 2023

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte