DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 20 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución de seu expediente acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2023/5073-4 e catorce máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 20 de outubro de 2023

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2023/5073-4

78733010P

Denegatoria

PR204A 2023/5213-4

35465755P

Denegatoria

PR204A 2023/5215-4

77414618E

Denegatoria

PR204A 2023/5280-4

78155069B

Denegatoria

PR204A 2023/6119-4

77417673H

Denegatoria

PR204A 2023/6190-4

36060158E

Denegatoria

PR204A 2023/6221-4

35469263C

Denegatoria

PR204A 2023/6355-4

15491128F

Denegatoria

PR204A 2023/6375-4

X2177782G

Denegatoria

PR204A 2023/6503-4

77416871K

Denegatoria

PR204A 2023/6549-4

39496338W

Denegatoria

PR204A 2023/6551-4

36161257J

Denegatoria

PR204A 2023/6570-4

77406354S

Denegatoria

PR204A 2023/6571-4

77406354S

Denegatoria

PR204A 2023/6990-4

34875059K

Denegatoria