DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023, da Secretaría da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de arbitraxe 36R002/3399/2021.

De conformidade co disposto no artigo 50 do Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo, no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias (DOG núm. 69, do 11 de abril), logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 40, sen que esta se puidese efectuar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Unidade de Consumo de Vigo, con enderezo na praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

José Mª Pita Ponte
Secretario da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia

ANEXO

Expediente arbitral: 36R002/3399/2021.

Interesada: Manzanas y Mas Phone Store, S.L.

CIF: B27869635.

Acto notificado: laudo arbitral do 2 de febreiro de 2023.