DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 2 de novembro de 2023 Páx. 60581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se corrixe erro na Resolución do 25 de agosto de 2023 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 170, do 7 de setembro de 2023, cómpre realizar a oportuna corrección no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 51881, nos datos relativos á concesión de código 13-36-02-C-1 do porto de Tragove e Concesionaria Mariscos Daporta, S.L., onde di: «Prazo da concesión: ata o día 22.1.2031», debe dicir: «Prazo de concesión: ata o 10.3.2041».

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2023

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia