DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 10 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados no expediente BS210A VI-97040 e dous máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse as persoas citadas no dito anexo, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, para a notificación dos requirimentos de emenda ditados nos procedementos que se indican, competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez días (10) hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro do acto que se notifica, e advírteselles que, de non o faceren así, se considerará efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica coa emenda da solicitude no prazo de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación, efectuada por comparecencia, de acordo co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerará desistidas da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Vigo, 10 de outubro de 2023

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/
nº de expediente

Persoa interesada/
DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-97040

35812718Q

Requirimento de emenda da solicitude

20.10.2022

BS210A/VI-100620

X1264513L

Requirimento de emenda da solicitude

30.1.2023

BS210A/VI-103197

35925776Y

Requirimento de emenda da solicitude

18.4.2023