DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60325

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo C2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En vista das alegacións e dos recursos presentados contra a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,

DISPOÑO:

Incluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***9957**

Calo Torrado, Ana Isabel

Base I.1.1

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***5257**

Riesco Marcos, María Purificación

Libre

Si

Incluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar de coidadores:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***8985**

Villar Mourelle, Mª Luisa

Libre

Si

Incluír á seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***6334**

Vericat Pérez, Iago

Libre

Non

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, en relación coas seguintes persoas:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***5462**

Álvarez López, David

Libre

Si

***3340**

López Baptista, Brais

Libre

Si

Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor/a, en relación coa seguinte persoa:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Exento galego

***3854**

Germade Boubeta, Lucía

Libre

Si

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como da posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2023

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública