DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60322

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 17 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 20 de outubro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 166, do 17 de xuño),

ACORDOU:

Primeiro. Unha vez examinadas as alegacións presentadas polas persoas aspirantes sobre a listaxe de puntuacións publicadas pola Resolución do 20 de xullo de 2023 (DOG núm. 156, do 18 de agosto), detectáronse erros na corrección automatizada dun exercicio, polo que procede corrixir a puntuación correspondente ao exercicio de Adelina Fernández Anta, co DNI 3277****N, que pasa a formar parte das persoas aspirantes que aprobaron o exercicio cunha puntuación de 36,63.

En consecuencia, o número total de persoas aspirantes que superaron o exercicio é de 361.

Segundo. Publicar as novas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2023

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal