DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 31 de outubro de 2023 Páx. 60378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña) para ser notificado por comparecencia do trámite de audiencia previo á modificación do acordo de reestruturación da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia do trámite de audiencia previo á modificación do acordo de reestruturación da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Este expediente poderase consultar nas dependencias deste servizo, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de outubro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo

ANEXO

Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña)

Nº prop.

DNI

Acto notificado

566

36480548H

Trámite audiencia modificación acordo