DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59256

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 18 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentaible (código de procedemento PE209P).

BDNS (Identif.): 723469.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e federacións destas, as organizacións de produtores pesqueiros, as entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro, e as entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas confrarías de pescadores e federacións destas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable (código de procedemento PE209P).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentaible (código de procedemento PE209P)..

Cuarto. Contía

No ano 2023 as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.03.723A.770.1 e 15.03.723A.781.0, código de proxecto 2023 00180, nas cales existe crédito suficiente no proxecto de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.

O importe máximo das subvencións que se concederán en 2023 será de catro millóns catrocentos sesenta e seis mil cen euros con oitenta céntimos (4.466.100,80 €), distribuído en dúas anualidades:

– Anualidade 2023: 2.128.571,00 €.

– Anualidade 2024: 2.337.529,80 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expirará o último día do mes. No caso de que o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

De non se esgotar o crédito dispoñible, ou de resultar incrementado este posteriormente en virtude de renuncias, de modificación de resolucións de outorgamento ou de dotacións orzamentarias adicionais, poderase emitir unha nova proposta de resolución na cal se terán en conta as solicitudes que formen parte da lista de reserva a que se refire o artigo 21.2 desta orde.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar