DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2023 Páx. 59182

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade a varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 26 de maio de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización dos traballos para a construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza nos concellos de Verín e Oímbra (Ourense) no marco do proxecto 0760_Interlumes_6_E de loita contra incendios forestais na fronteira hispano-lusa no marco do programa operativo Interreg V A 2014-2020.

– Actividade: construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza nos concellos de Verín e Oímbra. Inclúe aeródromo e heliporto con plataforma de estacionamento, instalacións de carga de combustible e auga, torre de control, edificación para tripulacións e dotación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de catro millóns douscentos corenta mil corenta e seis euros con oitenta e cinco céntimos (4.240.046,85 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2021 00136).

2. Resolución do 29 de maio de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución da reforma do punto de encontro de Petín (Ourense), operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

– Actividade: execución do proxecto de reforma do punto de encontro en Petín, para mellorar as condicións actuais deste inmoble, de acordo uns criterios de intervención e de procedemento establecidos pola Consellería do Medio Rural e que consisten en mellorar as condicións actuais do local no que incumbe á súa accesibilidade, acondicionamento térmico e acondicionamento acústico.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte e dous mil cincocentos seis euros con trinta e nove céntimos (222.506,39 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.632.1 (código de proxecto 2021 00082).

3. Resolución do 14 de xuño de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o encargo do servizo para o apoio técnico na revisión e no seguimento na execución de obra dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias.

– Actividade: actuacións de revisión técnica dos proxectos da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias, verificando a súa adecuación á normativa aplicable, definición técnica e orzamentos, e apoio no seguimento técnico na fase de execución da obra, así como de control e seguimento arqueolóxico dos proxectos e obras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de xuño de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos oito mil catrocentos trinta e nove euros con trinta e catro céntimos (208.439,34 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.640.1 (proxecto 2020 00079).

4. Resolución do 14 de xuño de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de actividades auxiliares de apoio nas actuacións da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias e na aplicación do Plan de controis da submedida 4.30 de Feader e da Intervención: 68432 Axudas e investimentos en infraestruturas agrarias para o fomento da competitividade do Plan estratéxico da PAC.

– Actividade: actividades auxiliares de apoio técnico no control e seguimento das actuacións xestionadas pola Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias e da aplicación do Plan de controis da submedida 4.30 de Feader e da intervención: 68432 Axudas e investimentos en infraestruturas agrarias para o fomento da competitividade do Plan estratéxico da PAC (PEPAC).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xullo de 2023 ata o 30 de xuño de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento cincuenta e dous mil sesenta e oito euros con corenta e oito céntimos (152.068,48 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.640.1 (proxecto 2020 00079).

5. Resolución do 14 de xuño de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os servizos técnicos para actuacións de apoio técnico previo á preparación dos informes aos recursos de alzada contra o Acordo, así como propostas de modificación de bases e acordo para a validación documental co obxecto da inmatriculación rexistral das zonas de reestruturación parcelaria.

– Actividade: apoio técnico aos directores das zonas de reestruturación parcelaria e apoio técnico na comprobación, actualización e validación da documentación gráfica e alfanumérica nos procesos de concentración e reestruturación parcelaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 5 de setembro de 2023 ata o 5 de setembro de 2024.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón catrocentos sesenta e nove mil douscentos noventa e dous euros con oitenta e nove céntimos (1.469.292,89 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.640.1 (proxecto 2020 00079).

6. Resolución do 29 de xuño de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo para a realización de traballos de apoio ao Fogga en todas as tarefas relacionadas coa aplicación do Plan galego de controis Feader ou, se é o caso, intervencións do réxime Feader non SIXC, coas funcións de autorización e control delegadas, así como outras tarefas relacionadas coas responsabilidades do Fondo Galego de Garantía Agraria como organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galicia.

– Actividade: realización de traballos de apoio ao Fogga en todas as tarefas relacionadas coa aplicación do Plan galego de controis Feader ou, se é o caso, intervencións do réxime Feader non SIXC, coas funcións de autorización e control delegadas, así como outras tarefas relacionadas coas responsabilidades do Fondo Galego de Garantía Agraria como organismo pagador dos fondos europeos agrícolas en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 16 de xullo de 2023 ata o 15 de xullo de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos corenta e seis mil cincocentos noventa e cinco euros con corenta e catro céntimos de euro (346.595,44 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.2 (proxecto 2016 00184).

7. Resolución do 30 de xuño de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico e administrativo na tramitación expedientes administrativos competencia da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (2023-2024).

– Actividade: apoio técnico e administrativo na tramitación de expedientes administrativos competencia da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, entre eles os expedientes sancionadores, os de rescisión de consorcios e convenios e os relativos a contratacións administrativas, mediante a realización da análise técnica-legal da materia sobre a que versa da documentación recibida e apoio para a mellora dos documentos técnicos que conforman o expediente.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 9 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e dous mil cento vinte e dous euros con corenta e tres céntimos (62.122,43 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (proxecto 2011 00977).

8. Resolución do 31 de xullo de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo no MVMC de Angudes (Crecente), provincia de Pontevedra, ano 2023. Fase 1, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da medida 8.32.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola, que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común na provincia de Pontevedra.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 5 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade douscentos dezaoito mil cincocentos corenta e un euros con trinta e oito céntimos (218.541,38 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (proxecto 2020 00065).

9. Resolución do 4 de agosto de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en MVMC da provincia de Ourense, ano 2023. Fase 1, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da medida 8.32.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola, que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común na provincia de Ourense.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos quince mil trescentos corenta e un euros con corenta e sete céntimos (415.341,47 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (proxecto 2020 00065).

10. Resolución do 23 de agosto de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en MVMC da provincia de Lugo, ano 2023. Fase 1, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020, dentro da medida 8.32.

– Actividade: instalación e mantemento de superficies de uso silvopascícola, que contribúan a reducir o risco de incendios mediante o aproveitamento ordenado de pastos nos montes veciñais en man común na provincia de Lugo.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos nove mil cento cincuenta e un euros con cincuenta e seis céntimos (509.151,56 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (proxecto 2020 00065).

11. Resolución do 28 de agosto de 2023, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización dos traballos para o asfaltado de varios camiños na zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: asfaltado de dez camiños da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus, cunha lonxitude total de 8.130 m mediante limpeza de cunetas, aporte dunha capa de macadam, actuacións previas ao afirmado e sinalización horizontal e vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos seis mil oitocentos un euros con cincuenta e seis céntimos (606.801,56 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural