DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 59096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle, formulado mediante iniciativa particular por Conservas Rianxeira, S.A.U., co obxecto de reordenar os volumes da parcela sur do PSIS de Bodión.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 11 de outubro de 2023, acordou, por delegación da Alcaldía e por unanimidade dos membros presentes, aprobar inicialmente o estudo de detalle, formulado mediante iniciativa particular e redactado por Amancio Losada Vicente co obxecto de reordenar os volumes da parcela sur do PSIS de Bodión, afectada polo proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (PSIS), de ampliación das instalacións de Jealsa Rianxeira, S.A. en Bodión, Boiro (A Coruña), aprobado definitivamente o 5.12.2017 por Resolución do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Descrición das parcelas afectadas:

– O ámbito de actuación inclúe a parcela coa seguinte referencia catastral: 15011A031020110000XZ, cunha superficie total de 11.281 m2.

– En aplicación do previsto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), sométese a aprobación inicial á información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

– O expediente número 5154/2023 poderase consultar no departamento de Secretaría, das 9.00 ás 14.00 horas, e no portal de transparencia, ao cal se pode acceder entrando no seguinte enlace:

https://boiro.sedelectronica.gal/transparency/0709af2e-0984-4804-85fa-356836f08dcc

En vista do resultado da información pública, o órgano municipal aprobarao definitivamente no prazo establecido no artigo 76 da LSG, coas modificacións que resultasen pertinentes.

Boiro, 13 de outubro de 2023

José Ramón Romero García
Alcalde