DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 59060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 19 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Calvo Conservas, S.L.U., da planta de fabricación de conservas localizada na estrada Coruña-Fisterra, quilómetro 34.5, Carballo (expediente 2020-IPPC-M-45).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, de 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, de 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, se somete a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Revisión de autorización ambiental integrada de Calvo Conservas, S.L.U., centro de Carballo.

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións u observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proyectos en información pública).

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-IPPC-M-45.

Número da autorización ambiental integrada: 2012-IPPC-I-14.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.1.b.i do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Calvo Conservas, S.L.U.

NIF: B15584642.

Localización da instalación: estrada Coruña-Fisterra, quilómetro 34.5, Carballo (A Coruña).

Referencia catastral da parcela: 4037101NH2843N0001XI e 15019A002000770000IT.

Actividade principal: fabricación de conservas.

A planta de fabricación de conservas de Calvo Conservas, S.L.U. está localizada no punto quilométrico 34.5 da estrada Coruña-Fisterra en Carballo (A Coruña).

A instalación está dentro dunha parcela de forma irregular cunha superficie de 165.956 m2.

Dentro desta parcela desenvólvense diferentes actividades como a nave principal destinada á transformación de produtos frescos en conservas, unha nave de envases na que se almacena o produto final, unha nave de fabricación de envases destinada ao almacenamento e fabricación de envases e instalacións auxiliares como a estación depuradora de augas residuais industriais, planta de tratamento de lodos e talleres.