DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 27 de outubro de 2023 Páx. 58865

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito orzamentario destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR802L).

Mediante a Orde do 9 de maio de 2023, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (DOG núm. 102, do 31 de maio) establecéronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de apoiar a consolidación das entidades da economía social de Galicia e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2023.

A citada Orde do 9 de maio de 2023 establece no seu artigo 16 que a concesión das subvencións se realizará en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Pola súa parte, o artigo 29 da mesma orde establece que no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgote o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados a estas axudas previstas na Orde do 9 de maio de 2023, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023, nas aplicacións orzamentarias 11.30.324C.770.9 e 11.30.324C.781.9 ás cales se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 1, 2, 4, 5, 6, 7 e 11 do artigo 6 das bases reguladoras,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na devandita Orde do 9 de maio de 2023 quedou esgotado nas aplicacións orzamentarias 11.30.324C.770.9 e 11.30.324C.781.9 nas seguintes datas:

– Aplicación 11.30.324C.770.9: 6 de xullo de 2023 coa solicitude presentada ás 13.27 horas.

– Aplicación 11.30.324C.781.9: 30 de xuño de 2023 coa solicitude presentada ás 14.01 horas.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social