Prazas: 1 (unha) de responsable de sistemas da información e comunicacións.
Tipo de contrato: contrato fixo-contrato de remuda.
Proceso selectivo: concurso-oposición.
As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, nº 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos na lexislación vixente.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es
Vilagarcía de Arousa, 18 de outubro de 2023
José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e na súa ría