DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 26 de outubro de 2023 Páx. 58763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, procedemento abreviado 178/2023-A.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo tramítase o recurso 178/2023-A (procedemento abreviado) interposto por Ana Rut Iglesias Valín contra a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria (categoría: facultativa/o especialista de área de Farmacia Hospitalaria) (DOG núm. 85, do 4 de maio).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos