DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2023 pola que se anuncia o alleamento dunha autocaravana mediante poxa á alza (expediente de contratación P4/23).

Con data do 22 de setembro de 2023, declarouse a desafectación do ben descrito e ordenouse o seu alleamento, mediante resolución do órgano de contratación da Universidade de Vigo. Ao citado expediente engadíuselle o prego de condicións, co informe da Asesoría Xurídica, o informe da Vicerreitoría de Investigación, no cal se indica que o vehículo xa non é necesario para os fins que motivaron a súa adquisición, e as características do vehículo, todo co informe, en fase de fiscalización previa, do Servizo de Control Interno.

Identificación do ben: o vehículo obxecto de alleamento é unha autocaravana marca GIOTTILINE, tipo GLF2, variante DAMT 6301 C, con matrícula 3697-HLX.

Para cumprir o disposto no artigo 66 do Regulamento para a execución do patrimonio da Comunidade autónoma galega (Decreto 50/1989), remítese este anuncio.

Sistema de adxudicación e tipo de contrato: poxa á alza/patrimonial.

Presentación de solicitudes: concederase un prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no DOG, para presentar ofertas. A documentación presentarase no Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), dirixido ao Servizo de Xestión Económica e Contratación. Da presentación entregaráselle xustificante ao licitador. A dita documentación poderase presentar igualmente en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dirixida á Universidade de Vigo, Servizo de Xestión Económica e Contratación.

Tipo de licitación: prezo de saída do ben (25.620 euros, IVE excluído), a partir do cal se efectuarán as ofertas equivalentes ou á alza; non se admitirá, en consecuencia, ninguna oferta por importe inferior ao tipo de licitación.

Composición da Mesa de Poxa:

a) Presidencia: persoa que ocupe a Dirección da Área de Infraestruturas e Prevención, que poderá ser suplida en caso de vacante, ausencia ou enfermidade pola persoa que designe o reitor: José Carlos Caamaño Martínez.

b) Vogal: o presidente do Consello Social ou persoa en quen delegue. Delegado: Jesús Graña Nogueiras.

c) Vogal: o responsable do Parque Móbil da UVigo: Cándido Rodríguez Hermández.

d) Vogal: a xefa do Servizo de Asesoría Xurídica ou letrado/a deste: María José Pousa Crespo; letrados: Andrés Dapena Paz e Cristina Piñón García.

e) Vogal: a xefa de Servizo de Control Interno ou funcionario/a do Servizo que a substitúa: Margarita Cabaleiro Soto; substitutos: María Teresa Reigosa Alonso e Arturo Losada Rodríguez.

f) Secretario/a: o xefe de Servizo de Xestión Económica ou funcionario/a do Servizo que o substitúa: Jesús Bello Condide; substitutos: Alberto López Abel e Sergio Amador Pajares Domínguez.

Para a válida constitución da Mesa será suficiente coa asistencia do/da presidente/a e secretario/a e de representantes do Servizo de Control Interno e de Asesoría Xurídica.

A composición concreta da Mesa determinarase en cada acta das sesións desta en que se aborden asuntos relacionados con este expediente.

De cada sesión da Mesa levantarase a acta, que deberá ser asinada por todos os asistentes.

O que se notifica para coñecemento xeral de todas as persoas interesadas no procedemento.

Vigo, 29 de setembro de 2023

O reitor
P.D. (Resolución reitorial do 26.5.2020; DOG do 4 de xuño)
Yolanda Trinidad Lesmes Romero
Xerente da Universidade de Vigo