DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de outubro de 2023 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/1/2022-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 18 de setembro de 2023, ditou resolución en relación coas obras executadas en solo rústico, expediente COR/1/2022-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 32566284D, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística