DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58612

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se outorgan nomeamentos ás persoas rexistradoras da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores e rexistradoras da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

En cumprimento do establecido no artigo 277 da Lei hipotecaria e nos artigos 504 e 508 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, por medio da Orde do Ministerio de Xustiza JUS/800/2023, do 13 de xullo (BOE do 18 de xullo) constitúese o corpo de aspirantes a rexistradores e rexistradoras da propiedade, mercantís e de bens mobles.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes nesta comunidade autónoma, e segundo os resultados do concurso entre membros do corpo de aspirantes a rexistradores e rexistradoras da propiedade, mercantís e de bens mobles, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 8 de setembro de 2023 (BOE do 18 de setembro) e resolto pola Resolución do 4 de outubro de 2023, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e co Decreto da Xunta de Galicia 79/2023, do 22 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as persoas rexistradoras comprendidas na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes

ANEXO

• Beatriz María Belmar Madrid, aspirante número 7, para o Rexistro de Arzúa.

• Adriana Cendón Gago, aspirante número 20, para o Rexistro do Carballiño-Ribadavia.

• Paloma Sales García, aspirante número 33, para o Rexistro de Ortigueira.

• Álvaro Romero Rodríguez, aspirante número 34, para o Rexistro de Chantada.