DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2023 Páx. 58616

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2023, da Comisión de Selección encargada de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, pola que se aproba e se fai pública a baremación provisional de méritos do concurso.

En sesión que tivo lugar o 16 de outubro de 2023, a Comisión de Selección, nomeada pola Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas prazas dos grupos e das categorías de titulado/a superior (grupo I, categoría 004), titulado/a grao medio (grupo II, categoría 007) e administrativo/a (grupo III, categoría 062), convocadas pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro),

ACORDA:

Aprobar a baremación provisional dos méritos, completa e parcial, de acordo co establecido na epígrafe III.1 das bases da convocatoria (titulación e idiomas, cursos de formación, lingua galega e experiencia profesional), recollida no anexo I, así como as indicacións seguidas para a súa determinación, recollidas no anexo II, que poderán consultarse no portal web corporativo da Axencia Turismo de Galicia, no enderezo electrónico: https://www.turismo.gal/espazo-institucional

De conformidade co disposto na epígrafe III.2 das bases da convocatoria, as persoas aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar unha reclamación ante a Comisión de Selección, dirixida á persoa titular do órgano convocante, no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada baremación no DOG.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023

Antonio Casas Calviño
Presidente da Comisión de Selección