DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 11 de outubro de 2023 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/80/2022-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento da interesada con documento nacional de identidade 36160077Y e das persoas herdeiras de José Antonio Lorenzo Castellano e herdeiras de Alcira Fragueiro Extremadouro, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/80/2022-RP1.

O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística