DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2023 Páx. 58537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 11 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, de ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2022/231-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación de reconectador TC na LMTA PRS803 no apoio nº 9-2 (Carballedo), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 11 de outubro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/231-2.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA PRS803 no apoio nº 9-2 (Carballedo).

Ocupación: 24 de outubro de 2023.

Predio

Propietario

Anotación correo

Concello

Polígono

Parcela

1

Emilio Vázquez González

Enderezo descoñecido

Carballedo

73

349