En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG número 169, do 6 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).
Detectado erros e tras as alegacións efectuadas en relación coa publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas,
DISPOÑO:
Incluír a seguinte persoa na relación definitiva de aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala técnica de facultativos, especialidade de educador/a infantil:
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Exento galego |
***6347** |
Montes Trastoy, María José |
Libre |
Si |
Modificar a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala técnica de facultativos, especialidade de educador social, en relación coa seguinte persoa:
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Exento galego |
***1171** |
Carpente Muñoz, Jesús Enrique |
Libre |
Si |
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes que posúen os requisitos exixidos para participar no proceso selectivo, así como a posesión do Celga requirido. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que carecen dalgún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.
Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.
Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2023
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública