Mediante a Resolución de Alcaldía núm. 2258/2023, do 20 de setembro, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir a praza de funcionario de carreira arquitecta/o técnica/o de Administración especial, subescala técnica, subgrupo A2, do Concello de Noia (Departamento de Urbanismo) e de formación dunha bolsa de emprego, mediante sistema de oposición.
No Boletín Oficial da provincia núm. 185, do 27 de setembro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para a selección de persoal funcionario, mediante o sistema de oposición, da praza vacante obxecto da convocatoria cuxas características son:
Grupo |
A |
Subgrupo |
A2 |
Escala |
Administración especial |
Subescala |
Técnica |
Vínculo |
Funcionario |
Denominación |
Arquitecto/a técnico/a de Administración especial |
Núm. de vacantes |
1 |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A publicación dos sucesivos anuncios referidos a este proceso selectivo efectuarase no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Noia (https://noia.sedelectronica.gal) e no taboleiro físico de anuncios do Concello de Noia, situado na rúa Rosalía de Castro, número 2.
Noia, 27 de setembro de 2023
José Santiago Freire Abeijón
Alcalde