Por Resolución do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense) e promovido por Aerogeneración Galicia, S.L. (IN661A DXIEM/05-11).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
ANEXO
Persoas interesadas |
Acto que se notifica |
Alba Moreno Barral |
Autorización administrativa previa e de construción |
Antonio Presas García |
Autorización administrativa previa e de construción |
Isabel Pensado Gerpe |
Autorización administrativa previa e de construción |
José Manuel Rodríguez Rodríguez |
Autorización administrativa previa e de construción |
Miguel Varela-Portas Castro |
Autorización administrativa previa e de construción |
Roberto Nogales Vázquez |
Autorización administrativa previa e de construción |
Rodrigo Rodríguez González |
Autorización administrativa previa e de construción |
Rubén Tomé Gómez |
Autorización administrativa previa e de construción |
Serafín Núñez Pérez |
Autorización administrativa previa e de construción |