DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 23 de outubro de 2023 Páx. 58346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 10 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite, mediante construción de corte de recría, fosa de xurro, esterqueira e silo trincheira, no lugar de Pazos, na parroquia de Antes, no concello de Mazaricos (A Coruña) (expediente 2023/0065).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de outubro de 2023 do proxecto de ampliación de explotación de vacún de leite, mediante construción de corte de recría, fosa de xurro, esterqueira e silo trincheira, no lugar de Pazos, na parroquia de Antes, no concello de Mazaricos (A Coruña), promovido por Granxa Pazos, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático