Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Entidade adxudicadora.
Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.
Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.
Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/
Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/
Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
Tipo de contrato: servizo.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).
2. Obxecto do contrato.
Título: servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do bombeo e colector de Cabanelas, en Cambados e Ribadumia (Pontevedra), OH.336.1160.
Clave do expediente: GA.22098.
CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.
Orzamento base. Importe neto: 12.562,62 euros. Importe total: 15.200,77 euros.
Prazo de execución: seis (6) meses.
Importe da adxudicación. Importe neto: 8.120,00 euros. Importe total: 9.825,20 euros.
Empresa contratista: Eletreintayuno Prevenlab, S.L.
3. Información sobre o contrato relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.
Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6. Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6.2. O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos. Obxectivo específico 6.2.1. Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga. Actuación 6.2.1.2. Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas. Operación de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Cambados.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia