DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 58138

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de outubro de 2023 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/181/2020-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento ao interesado con documento nacional de identidade número 15491606W, para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/191/2020-RP1.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística