DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2023 Páx. 58146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de outubro de 2023 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública.

De conformidade co establecido no artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, foi sometido a información pública o proxecto de interese autonómico do parque empresarial de Pontecesures (Pontevedra), mediante o Anuncio do 9 de xuño de 2022 (BOP Pontevedra núm. 119, do 22 de xuño e DOG núm. 124, do 30 de xuño).

Nese trámite, e dando resposta aos informes emitidos, foi necesario desenvolver medidas para a reforma do acceso ao parque. Ao afectar novos terreos no contorno deste tramo da estrada PO-548, notificouse individualmente a todas as persoas titulares catastrais das parcelas afectadas pola conexión exterior viaria.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e producirase a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

ANEXO

Referencia catastral

Persoas que hai que notificar

8292423NH2289S

Concepción Otero Iglesias e herdeiros de José Campaña García

8292422NH2289S

Secundino González Condide

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo