Mediante a Resolución da Alcaldía, do 20 de setembro de 2023, acordouse:
Primeiro. Aprobar a convocatoria pública de bolsas a deportistas do concello de Abegondo, con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000.
Requisitos: os establecidos nas bases da convocatoria.
Segundo. Publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web, na sede electrónica do Concello e na Base nacional de subvencións.
Abegondo, 20 de setembro de 2023
José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde