DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica a varias persoas interesadas a Resolución do 12 de abril de 2023 relativa ao parque eólico Rodicio II, sito nos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense) e promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U. (IN408A 2020/42).

Mediante a Resolución do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Rodicio II, sito nos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense) e promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U. (IN408A 2020/42).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Persoas interesadas

Acto que se notifica

Brasilia Louro Lago

Autorización administrativa previa e de construción

Clara Blanca Romero

Autorización administrativa previa e de construción

José Luis Blanco Corbal

Autorización administrativa previa e de construción

María Joaquina Blanco González

Autorización administrativa previa e de construción

María Lestayo Lago

Autorización administrativa previa e de construción

Miguel Varela Portas Castro

Autorización administrativa previa e de construción