DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2023 Páx. 57902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2023 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Ayaso VI.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Ayaso VI e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante o escrito do 21 de xuño de 2023, Mario Saborido Iglesias solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Ayaso VI.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O 26 de xuño de 2023 emitiuse pola Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica informe favorable á transmisión.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Mario Saborido Iglesias (***8246**), da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Ayaso VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 19.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.1.1969.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Álvaro Saborido Lorenzo (***8450**), (100 % privativa).

Novo titular: Mario Saborido Iglesias (***8246**), (100 % privativa).

O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de setembro de 2023

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña