DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de outubro de 2023, da Área de Verteduras, polo que se amplía o prazo do trámite de información pública da solicitude de autorización de verteduras no expediente DH.V15.89848.

Visto que no Diario Oficial de Galicia do 5 de outubro de 2023 se publicou o anuncio polo que se somete a información pública a solicitude de autorización de verteduras no expediente DH.V15.89848 instado por Explotaciones Gallegas, S.L. nos tt.mm. de Touro e O Pino. E visto que a causa dunha incidencia informática o correspondente proxecto non estivo exposto no portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal/) ata o día 9 de outubro de 2023, acórdase ampliar o prazo de información pública en dez días.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2023

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras