DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57629

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 20 de setembro de 2023, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior da unidade de actuación UA-1 Ceán (expediente 17983/411).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 8 de setembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Prestar aprobación, con carácter inicial ao Plan especial de reforma interior da unidade de actuación UA-1 Ceán, instrumento urbanístico de iniciativa particular promovido pola súa xunta de compensación, que inclúe a documentación técnica inserida no Rexistro Xeral desta xerencia municipal de urbanismo con data do 22.2.2022 –doc. núm. 220289647–, elaborada conxuntamente en xullo e novembro de 2022 por Óptima, S.L. e Sonen, S.L., respectivamente (estudo acústico), e asinada con sinatura dixital válida polos arquitectos Diego Rivas Pérez e Pablo Gómez Pérez.

Segundo. Someter a información pública o presente expediente, polo prazo de dous (2) meses, mediante a publicación de senllos anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e na sede electrónica do Concello de Vigo, para os efectos de que durante o dito período poidan formularse alegacións e as suxestións pertinentes. O remate do referido prazo de alegacións computará desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e a Secretaría Xeral dilixenciará a documentación exposta, con notificación individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados segundo a relación catastral incorporada ao expediente.

Durante o referido prazo recadaranse os informes sectoriais que resulten preceptivos, de conformidade coa normativa urbanística e sectorial de aplicación.

Á vista do resultado dos trámites anteriores, resolverase sobre a procedencia de introducir no documento de modificación as rectificacións pertinentes, cuxo alcance determinará, se é o caso, a oportunidade e procedencia dun novo trámite de información pública e requirimento de informes (artigo 144.12 do RLSG).

Terceiro. O contido íntegro do instrumento inicialmente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no Portal de transparencia».

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ na epígrafe de «planeamento de desenvolvemento en tramitación» e no Departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

• Poden poñerse en contacto co Departamento de Información de Urbanismo, para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.

• Para presentar documentos ou escritos de alegacións poden solicitar, preferentemente, cita previa no Rexistro de Urbanismo, no teléfono 986 81 03 44.

Vigo, 20 de setembro de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución do 4.7.2023)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda