DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57579

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde.

Mediante a Resolución reitoral do 2 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro e BOE do 6 de marzo de 2023) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de maio de 2023 (DOG do 23 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Todas as persoas aspirantes están exentas da proba de galego, polo que se convocan para o segundo exercicio da fase de oposición o día 20 de novembro de 2023, ás 9.00 horas, na aula 6 (andar 0) da Facultade de Bioloxía (rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n, Campus sur), da Universidade de Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela