DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de outubro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de dúas parcelas pola instalación eléctrica LMTS ATI712 e novo CTC Laxes Confurco prevista nos concellos de Ponteareas e O Porriño (expediente IN407A 2023/331-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas interesadas a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica LMTS ATI712 e novo CTC Laxes Confurco (expediente IN407A 2023/331-4) e as afeccións das parcelas indicadas no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 5 de outubro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/331-4.

Denominación: LMTS ATI712 e novo CTC Laxes Confurco.

Concello: O Porriño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT

m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

2

As Laxes

Urbana

36039A006000220000DR

Descoñecido/a

11,56

0,74

3,63

3

As Laxes

Urbana

36039A006000230000DD

María del Carmen Rodríguez Acuña

3,41

1,86

6,49