DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 4246/2023 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Pontedeume, contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural das Fragas do Eume.

En cumprimento da Resolución do 6 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, emprázanse cantos/as aparezan como interesados/as no recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Pontedeume, contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo, polo que se modifica o Decreto 211/1996, do 2 de maio, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do espazo natural das Fragas do Eume, e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural das Fragas do Eume, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4246/2023, no cal o devandito concello recorre contra o Decreto 21/2023, do 2 de marzo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural