DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2023 Páx. 57623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de setembro de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira de Vilaboa de concesión administrativa no dominio público portuario de Vilaboa (Santa Cristina de Cobres) para a ocupación do edificio código 13.38.EDF.002, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa, para o sector pesqueiro e marisqueiro (expediente 13-34-23-C1).

A Confraría de Pescadores Pedra da Oliveira de Vilaboa solicita a concesión administrativa no dominio público portuario de Vilaboa (Santa Cristina de Cobres) para a ocupación do edificio código 13.38.EDF.002, titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa, para o sector pesqueiro e marisqueiro.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 13 de setembro de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur