DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2023 Páx. 57443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 3 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada interposto en materia do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Pontevedra, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que consideren conveniente.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

Acto notificado

PO-2023/00029

54917265G

Resolución do recurso de alzada

BR0305619