DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2023 Páx. 57464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no expediente BS650G 36/00670-X11.

Ao abeiro disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e intentada a notificación do acto administrativo no último enderezo coñecido da persoa interesada que se cita no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, mediante anuncio emprazase a referida persoa interesada para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro do requirimento de documentación no trámite de revisión anual e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non atender o requirimento de documentación no prazo indicado no dito acto, procederá a medida de suspensión cautelar ao abeiro do artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, do desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

Vigo, 12 de setembro de 2023

María Ángeles Rouco Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650G

Núm. de expediente

DNI/NIE/pasaporte ou similar persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto do requirimento

BS650G 36/00670-X11

35961169W

Requirimento de documentación necesaria no trámite de revisión anual.

29.5.2023