DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2023 Páx. 57502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de outubro de 2023, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente C-2006/010, conta 40.

Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 4 de outubro de 2023

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoas interesadas

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto da notificación

Herdeiros de Serafín García Rodríguez

...607N

Notificación da resolución pola que se acorda resolver o contrato de arrendamento dunha vivenda e comunicación do prazo para a retirada de mobles, que se considerarán abandonados se non son retirados.

Expediente C-2006/010, conta 40