DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2023 Páx. 57336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de outubro de 2023 polo que se notifica a resolución de extinción por causa de caducidade dun dereito concesional relativo a unha concesión outorgada no río Ouro, no concello de Alfoz, provincia de Lugo (17/021/7).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícase a resolución pola que se declara a extinción por causa de caducidade dunha concesión de augas outorgada a Dolores Pérez Mon e fillos no río Ouro, no concello de Alfoz.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos documentos que conforman o expediente e constancia de tal coñecemento. Así mesmo, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Presidencia de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da comparecencia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que se poida exercer, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia